ENTREGA DE PREMIOS BRILÉ 2017

Rematou o torneo de brilé e, case como todos os anos, gañou un equipo que non tiña máis partidos gañados pero que non tiveron ningún conflito. Esta XII edición do torneo desenvolveuse sen problemas serios pero con algunhas diferencias de criterio, como é normal en situacións de xogo. Parabéns ás/ aos participantes e o meu agradecemento para Laura e Marina que o fixeron moi ben no seu labor de axudantes.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

XII TORNEO ESCOLAR DE BRILÉ

Etiquetas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Con tal motivo empezamos o tradicional Torneo de Brilé do noso cole, que xa fai o nº 12. Son 12 anos seguidos intentando solucionar os conflitos a través do diálogo.

Na presente edición hai un total de 6 equipos ( con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º) e 3 colaboradores/as. Os recreos énchense de emoción, berros de ánimo e un gran ambiente.

 

EXPERIMENTAMOS COA QUÍMICA

https://www.youtube-nocookie.com/embed/2oxh8AkYBOU?rel=0

Grazas á Sociedade Xuvenil Galega de Química todos os nenos e nenas do cole puideron aprender un pouco máis dos procesos químicos e a súa utilidade na vida diaria.

  • Serpe de carbono: Con el introducimos o termo de combustión.
  • Bolas máxicas:  onde se converte un líquido nunha esfera.
  • Tinta invisible: para descubrir mensaxes secretas.
  • Semáforo: introducimos o concepto de densidade.
  • Neve artificial:  Introducimos o concepto de hidratación.
  • Globos e burbullas:  Introducimos o concepto reacción exotérmica e catalizador.

Fantásticas todas as actividades e a dedicación altruísta de Raquel, María, Miguel e Jorge. Moitísimas grazas!

 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

image002

O luns, día 15, teremos a sorte de poder realizar un obradoiro participativo con todos os nenos e nenas do centro. Isto será posible grazas á colaboración desinteresada dos mozos e mozas da SOCIEDADE XUVENIL GALEGA DE QUÍMICA.
A actividade consistirá en:

1. Presentación do proxecto da SXGQ.

2. Experimentos participativos moi sinxelos, totalmente seguros e nos que participará todo o alumnado en grupos pequenos (Neve artificial,  Bolas máxicas,  Catálise,  Tinta invisible,  Fluídos,  Densidade).

Aínda que así semelle moito nivel para rapaces e rapazas pequenos, as actividades estarán adaptadas para que poidan intervir e tamén entender os procesos.

DÍA DO PEÓN 2016

logo_dia_do_peon-300x300

Este venres é o día 11 de novembro, festividade do San Martiño e xa sabedes…

Polo San Martiño, peóns ao camiño! e Polo santo Amaro, peóns ao fallado!

Cada ano o noso alumnado espera con ilusión estas datas para empezar a bailar os seus trompos. Xa será a edición nº 12 que convoca Brinquedia!

Teremos un circuíto preparado para poder gozar das diferentes posibilidades que nos ofrece este xogo. Os máis grandes axudarán aos que están empezando, que é a millor maneira de transmisión.

E xa sabedes que vós, as familias, tendes moitas máis oportunidades para realizar este intercambio cultural entre xeracións. Non perdades a oportunidade!

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Etiquetas

image002Temos a sorte de ter unha marabillosa biblioteca pública que organiza habitualmente actividades interesantes para toda a familia, neste caso ao redor da Ciencia. A electricidade e as reaccións químicas serán os obradoiros nos que vai participar o alumnado de 4º, 5º e 6º do noso cole. Para ter máis información destas e outras actividades científicas para nenos e adultos, preme na imaxe.

DÍA DO PEÓN: MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO DE 2015

logo_dia_do_peon-300x300O día 11 de novembro unirémonos á convocatoria de Brinquedia para celebrar a 11ª edición do Día do Peón.                                                                                           Estes días xa estamos metidos en faena para realizar un día intensivo durante o recreo do mércores 11 porque xa sabedes que… Polo san Martiño os peóns saen ao camiño.    Supoño que moitos de vós estades decorando os peóns na casa e tamén fabricando algún de xeito artesanal. Seguro que a exposición que imos facer quedará impresionante. Podedes pasar a visitala a partir do mércores.

Nos blogues de 1º-2º, 3º-4º  e 5º-6º podedes ir vendo imaxes das actividades que están facendo os nenos e nenas estes días.