MES DA CIENCIA EN GALEGO

Etiquetas

image002Temos a sorte de ter unha marabillosa biblioteca pública que organiza habitualmente actividades interesantes para toda a familia, neste caso ao redor da Ciencia. A electricidade e as reaccións químicas serán os obradoiros nos que vai participar o alumnado de 4º, 5º e 6º do noso cole. Para ter máis información destas e outras actividades científicas para nenos e adultos, preme na imaxe.

DÍA DO PEÓN: MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO DE 2015

logo_dia_do_peon-300x300O día 11 de novembro unirémonos á convocatoria de Brinquedia para celebrar a 11ª edición do Día do Peón.                                                                                           Estes días xa estamos metidos en faena para realizar un día intensivo durante o recreo do mércores 11 porque xa sabedes que… Polo san Martiño os peóns saen ao camiño.    Supoño que moitos de vós estades decorando os peóns na casa e tamén fabricando algún de xeito artesanal. Seguro que a exposición que imos facer quedará impresionante. Podedes pasar a visitala a partir do mércores.

Nos blogues de 1º-2º, 3º-4º  e 5º-6º podedes ir vendo imaxes das actividades que están facendo os nenos e nenas estes días.

DÍA DO PEÓN 2014

Etiquetas

,

logo_dia_do_peon-300x300Como cada ano BRINQUEDIA convoca o Día do Peón para adicarlle un día especial a este xoguete tan internacional. Será o día do San Martiño, 11 de novembro.

O alumnado está a xogar e a traballar como se merece un xogo que é a diversión de todos eles e elas desde fai moitas xeneracións.

Déixovos o vídeo que fixeron os nenos e nenas de cuarto na clase de Ed. Física.