Etiquetas

, ,

CARTAZ PEÓN 2013

CARTAZ PEÓN 2013

Brinquedia convoca a celebración do Día do Peón 2013. Baixo o lema “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, preténdese que as datas ao redor do día 11 de novembro  se convirtan nun fervedoiro de nenos e maiores bailando os peóns e bailaretes.

O acto central terá lugar en Muimenta (Lugo), organizado por XOTRAMU.

Cada ano un maior nº de centros educativos participa nesta convocatoria. En VITE non fallamos; así que ide preparando os vosos peóns… Os maiores deberán prepararse para unha nova xornada de intercambio de coñecementos e habelencias

Advertisements