Etiquetas

, ,

ALUMNO: Óscar Casais. 4ª E.P

ADULTO COLABORADOR: Patricia Mariño

TÍTULO DA FOTO: UN ELECTRICISTA “FAMILIAR”.

OSCAR-4ºA persoa que sae nesta foto é Santi, o padriño de Óscar. Traballa en Televés no departamento de MANTEMENTO, é dicir, o seu traballo é manter as instalacións en bo estado, arranxando todas as avarías que se poidan producir.
Santi adícase sobre todo a arranxar avarías relacionadas coa electricidade, por iso decimos que é ELECTRICISTA.
Esta foto quitámoslla esta tarde, cando veu arranxar unha avería na casa dos meus avós.