MERCADO DE ABASTOS - SANTIAGO

Convídase a toda a comunidade educativa a participar na recollida de material para realizar unha mostra fotográfica baixo o título “MOITOS OFICIOS, MOITAS OLLADAS”.

Mentres paseamos, cando imos de viaxe, de fin de semana, na casa… calquera pode ser unha boa ocasión para coller unha cámara e axudar aos nosos fillos/as a captar unha imaxe interesante das distintas profesións e oficios da xente que nos rodea.

As fotos, debidamente editadas e en tamaño reducido, enviaranse ao seguinte correo electrónico traballosvite@gmail.com. Data límite: novembro 2013

• Deberá indicarse no asunto “mostra fotográfica”.

• As imaxes serán orixinais e en formato jpeg.

• Presentaranse debidamente editadas.

• O centro terá dereito ao uso das mesmas con fins educativos.

• Para garantir “certa calidade” na mostra, o centro poderá facer unha selección previa á publicación das imaxes.

• As imaxes publicaranse neste mesmo blogue

• No texto deberán aparecer os seguintes datos:

– Nome e apelidos do neno/a que fixo a foto (de non querer que figure o nome na publicación, indícalo expresamente).

– Curso.

– Nome e apelidos do adulto colaborador.

– Título asignado para a foto.

– Texto explicativo moi breve, en galego: onde foi tomada, profesión á que se refire, calquera observación de interese.