Etiquetas

, , ,

tastarabasMañá MÉRCORES 29 ás 19:00h, no salón de actos do MUPEGA, o profesor e escritor ferrolán Antón Cortizas presentará a súa enciclopedia sobre os xogos tradicionais magnificamente editada por Xerais que ten ese título tan suxerente e musical como é “Tastarabás”.

Os nosos alumnos/as de 2º e 3º ciclo, que traballan habitualmente os xogos tradicionais do anterior libro deste autor, CHIRLOSMIRLOS, están convidados a esta presentación.

Seguro que o amigo Antón sacará algo entretido da maleta que o acompaña!