Etiquetas

, ,

posterencontroEstamos no tempo de inscrición para o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que terá lugar no Campus Universitario de Ourense o 22 de xuño en horario de mañá: os xogos de sempre, obradoiros de enredos, xogos musicais…

Durante a tarde poderemos desfrutar no casco vello da mesma cidade, dunha xornada de exhibición e práctica de xogos tradicionais de distintas zonas da xeografía nacional e europea, con motivo da celebración  de LUDARIA 2013.

Anímate e ven con toda a familia, é unha ocasión única!

Advertisements