Que gran día! Foi un auténtico pracer ver a todo o alumnado do centro cos seus peóns /bailaretes e con tanta dedicación. Ver como se vai recuperando a tradición e como os propios rapaces e rapazas xa empezan a xogar por sí memos ao redor destas datas: hainos que teñen “bochas” nas mans de tanto envolver a piola e facer lanzamentos con toda a forza.

Gustoume moito tamén a participación familiar e quero dar as grazas dunha maneira moi especial aos familiares de Marcos, Tania/Jessica e Lucía/Andrea por ter deixado a vergoña a un lado e facer a súa exhibición cos peóns. Foi unha valiosísima aportación.

Por suposto que as novas xeneracións veñen pisando forte, con toda a enerxía do mundo e xa da gusto velos bailar os seus trompos. Xogade cos vosos fillos/netos todo o que poidades… é unha boa oportunidade, están enganchados!

Grazas!

Advertisements