O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado ou ao faiado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón.

O día 9 de novembro celebraremos o Día do Peón, que cada ano convoca BRINQUEDIA, A REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL. Para ir preparándonos, deixo aquí o cartaz desta 8ª edición e algunhas ligazóns de interese para saber algo máis sobre este xogo:

Experiencias  de Ciencias – peón IES La Coma

O mundo do peón

Amigos da “baldufa” – cataluña

Vídeo tirada de baldufas no Mercado das Flores (Barcelona)

Mundo peonza

Saturnotruco: malabares e trucos con trompos especiales

Vocabulario