Etiquetas

,

Ao remate do curso, as nais e pais de 3º de Ed. Primaria quixeron ter un xesto de agradecemento cara á titora de 3º, Beatriz Romero Parada e ao profesor de apoio na mesma aula, Pablo Fernández Otero en recoñecemento ao labor que viñeron exercendo durante todo o curso cos seus fillos. Nun breve acto, na biblioteca do centro, fixéronlle entrega desta simpática montaxe en lembranza do seu paso polo colexio desexando que poidan regresar no vindeiro curso.

Advertisements