Etiquetas

Hoxe tivemos un recreo moi especial. O equipo da Biblioteca ofreceu unha festa  para agradecer a todo o alumnado, o profesorado, o persoal non docente e ás familias a súa participación e colaboración nas actividades de animación á lectura. A pesar das altísimas temperaturas, os comensais non perderon o apetito e disfrutaron das larpeiradas dispostas para a ocasión. Todo amenizado con música a bo volume.

Incluso houbo algún que outro baile.
                     Graciñas!