Etiquetas

, ,

O ceramista Alfonso Otero Regal (Premio Nacional de Artesanía 2011) veu onte a aula de 4º de Primaria, onde leu o comentario que escribiu no seu blog (a maliña de lugo) sobre o colexio de Vite, vimos unha reportaxe sobre o seu taller de Viveiro, leunos un conto que nos fixo sobre a cerámica (o alumnado fará un debuxo sobre o mesmo e el vainos poñer en facebook), trouxo un biscoito feito por el, deunos un agasallo (un amuleto celta do coñecemento) a cada un e unha invitación para o colexio para visitar o seu taller e Viveiro… É o avó de dous alumnos do centro e pai da escritora e artista plástica Renata Otero. Grazas de parte do alumnado, profesorado e familias.
“A relación que mantemos cos nosos avós é moi importante para o noso proceso de aprendizaxe. Eles constitúen unha fonte inesgotable de coñecementos e sabiduría que temos que aprender a aproveitar”.