Etiquetas

, ,

O martes 13 de marzo, visitounos IAGO SANTALLA: doctor en humanidades, educador social e, ademais, paralítico cerebral de nacemento. Cando un día lle preguntaron que opinaba das barreiras arquitectónicas, dixo que lle era igual (“iso soluciónase cun pouco de cemento e formigón”). O que de verdade lle preocupa son as barreiras das conciencias, esas son máis duras de derrubar.

Nunha charla moi interesante e divertida, deu unha grande lección do que debe ser a integración real, a que el denomina “natural”, sen imposicións nin tampouco limitacións ( a que os seus amigos practicaron toda a vida con el).

LA VOZ DE GALICIA-14 DE MARZO 2010