Coa finalidade de axudar a manter vivas as vellas tradicións, no magosto (venres 11 de novembro) trouxeron zonchos ou “rosarios de castañas”. Os zonchos son unha antiga tradición: Os nosos maiores contan que facían estes colares de castañas e que os levaban os días de celebración dos Magostos.

 

Facer estes orixinais adornos non é difícil: só temos que ensartar as castañas nun fío, despois de cocelas coa pel e a casca. Máis tarde levámolas, a xeito de colar, e poderemos comelas pouco a pouco. É un invento xenial!

O que aparece na imaxe é unha “interpretación moderna”, moi fermosa e de coidada elaboración, aportada por unha alumna de Ed. Infantil-4anos.

Grazas a todas as familias pola colaboración.