A literatura popular galega está ateigada de ditos, refráns, contos, etc. relacionados coas datas nas que nos atopamos. Unha boa mostra recollérona os alumnos e alumnas de 2º de Primaria do noso centro e aproveitaron o día de hoxe, día da festa do San Martiño, no que os peóns estaban tolos por saír ao camiño… e abofé que saíron! Ao igual que outros miles de rapaces e rapazas de Galicia, todos nós tiñamos os trompos ou as perinolas listas (que de todo había) para disfrutar da festa. Os de 4 anos fixeron uns bailaretes na clase, outros decoraron os peóns que mercaron, algúns debuxaron un peón “moi especial”, os maiores aínda andan moi atarefados facendo entrevistas ás personas maiores e case todos aprenderon a facerlle bailar ou a facer trucos ou acrobacias. Este ano, por primeira vez apareceron os peóns acrobáticos “Saturno” (xa vimos tres) e son estupendos para acrobacias que parecen imposibles.

Son dúas ou tres semanas de traballo intenso, de moita participación, de colaboración nas distintas tarefas de investigación, aprendizaxe, ánimo, etc. que fomentan os valores e as relacións humanas.

PENSA UN CHISCO:         – FALACHE MÁIS NOS RECREOS?    – XOGACHE MÁIS ESTES DÍAS CON OUTRAS PERSOAS?   – COMPARTICHE O TEU SABER PARA APRENDERLLE AOS DEMAIS?   – APRENDICHE TI DOUTRAS PERSOAS/ CON OUTRAS PERSOAS DA MESMA/ DE DISTINTA IDADE?   – MELLORACHE AS TÚAS HABILIDADES?

E, para repoñer forzas… as castañas do magosto viñeron moi ben!

Advertisements