Etiquetas

Seguimos cos medos e o día do samaín xa se vai achegando. A película seleccionada para os máis pequenos -Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria- tráenos ao Pato Lucas e aos seus amigos.

Herdeiro dunha gran fortuna, o Pato Lucas soña coa gran vida. Pero a pantasma do seu benfeitor non o ve así. O Pato ten que abrir unha axencia de exorcistas para desfacerse do problema.

Nesta encantadora aventura, o Pato Lucas abre unha axencia de cazapantasmas.

O Pato Lucas intentando vender as súas mercancías na tele; nunha visita a unha casa para axudar a una fermosa vampira; nun romance entre pantasmas; e o Pato Lucas intentando impresionar nunha discoteca chea de malvados en Transilvania.


¡Non poderás parar de berrar e rir co Pato Lucas en O Pato Cazapantasmas!