Etiquetas

 Somentes
 
intentaba conseguir
 
deixar na terra
 
algo de min que me sobrevivise
 
sabendo que debería ter sabido
descubrir que só fun un interludio
 
atroz entre dous muros de silencio
 
só puiden evitar vivindo á sombra
 
inocularlle para sempre a quen amaba
 
doses letais do amor que envelenaba
 
a súa alma cunha dor eterna
 
sustituíndo o desexo polo exilio
 
iniciei a viaxe sen retorno
 
deixándome levar sen resistencia
 
ó fondo dunha interna
 
aniquilación chea de nostalxia.

LOIS PEREIRO (Dos poemas póstumos)

  • UNHA LIGAZÓN MOI INTERESANTE, CON TRABALLOS PARA OS DISTINTOS NIVEIS CORRESPONDE AO SEMINARIO GALÁN:

http://seminariogalan.org/

  • NA SEGUINTE LIGAZÓN, DA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,  ESTÁ DISPONIBLE TODO O MATERIAL QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER ARREDOR DA FIGURA DE LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

http://www.coordinadoraendl.org/letras2011


  • OFRECÉMOSCHE A POSIBILIDADE DE VISUALIZAR O BLOG DE LOIS PEREIRO FEITO COAS APORTACIÓNS DE AMIGOS E FAMILIARES