Etiquetas
Onte, sábado 2 de xuño, disfrutamos dunha magnífica xornada de xogos tradicionais en A Estrada. A xornada, organizada por BRINQUEDIA, foi un éxito de vivencias entre persoas de distintas xeneracións como se pode ver na seguinte presentación.
Todo o traballo fotográfico debémosllo a Ana Varela, nai de Aroa (3º), que estivo moi ocupada durante toda a xornada para que agora poidamos disfrutar deste agasallo. Moitas grazas, Ana.
Grazas tamén a todos os nenos e nenas, a todas as familias e ao profesarado que, coa súa presencia e participación, fixeron deste día unha xornada moi bonita.
E grazas as persoas da directiva de Brinquedia (Olga, Barreiro, Iván e Alberto), que con moitísimo esforzo conseguiron sacar isto adiante a pesar da crise e non desmoralizarse aínda que os colexios non responderan coa súa participación.
De nada polas fotos, tiven tempo para iso e para gozar como unha nena de tantos xogos, toda unha tarde sen plástico, pilas ou enchufes. Aos meus anos e foi a primeira vez que puiden andar con zancos… que subidón!
Grazas a brinquedia!
Pois nunca é tarde para “arriscarse” na vida…. ja, ja, ja!
Pingback: VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: que pasou? « BRINQUEDIA