Estamos a preparar as nosas obras para participar neste proxecto artístico internacional para transmitir as nosas emocións, sentimentos e desexos a través da pintura. Esa é a filosofía deste proxecto que empezou o pintor irlandés MATT LAMB no ano 2002 con 32 nenos/as orfos vítimas do atentado das torres xemelgas. Na actualidade xa foron pintados máis de 500.000 paraugas.
PODEDES TRAER MÁIS PARAUGAS PINTADOS DA CASA E TAMÉN HABERÁ A POSIBILIDADE DE QUE AS FAMILIAS PARTICIPEN MENTRES ESPERAN Á SAÍDA DA XORNADA ESCOLAR.
Realmente quedou moi bonito. ¡Parabens! saúdos dende A Barcia
Precioso
Agredecemos os comentarios e animámosvos a que fagades esta actividade nos vósos coles porque resultou moi interesante, e non só desde o punto de vista artístico, senón tamén para traballar os sentimentos, as emocións, os valores… Para todo tipo de alumnado Ana!